CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Carlos Núñez volverá a engarzar música e viño en Sober

O coñecido gaiteiro actuará o vindeiro 8 de xullo ás 21h. na adega Rectoral de Amandi
Carlos Núñez no concerto que ofrecía en abril de 2014 en Cadeiras (Sober)./ Foto: Carlos G. Hervella.

Entre os muros dunha adega da Denominación de Orixe Ribeira Sacra soará en xullo a gaita dun dos gaiteiros galegos máis internacionais, Carlos Núñez. O músico regresa a Sober, onde en abril do 2014 convertíase en pregoeiro da Feira do Viño de Amandi, tocaba coa Banda de Música de Sober e ademais ofrecía un concerto no Santuario de Cadeiras.

Desta volta Carlos Núñez actuará na adega Rectoral de Amandi o domingo 8 de xullo ás 21h., un evento que contará coa colaboración do Concello de Sober. “Agradecemos que volva e encha a Ribeira Sacra coas súas notas. É un orgullo volver recibilo en Sober”, sinala o seu alcalde, Luis Fernández Guitián.

As entradas para o concerto están á venda no seguinte enlace:
https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/otras-musicas/bodega-rectoral-de-amandi/8858–carlos-nunez.html

Artigos relacionados

Back to top button