CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Carlos Vidal ofrece o 14 de abril un concerto de violoncelo en Sober

A actuación, organizada polas Xuventudes Musicais en colaboración do Concello de Sober, forma parte do ciclo ‘Primavera musical’

O músico Carlos Vidal ofrece o día 14 de abril un concerto de violenchelo en Sober no marco da ‘Primavera musical’ organizada polas Xuventudes Musicais da localidade en colaboración do Concello. Será ás 20:00 horas no Centro Sociocultural con entrada de balde.

O espectáculo

Ao longo do programa ‘O violoncelo ao longo do tempo’ explórase a vertente máis minimalista deste instrumento: as obras escritas para ser interpretadas por un solista, sen ningún tipo de acompañamento instrumental. A través da música de compositores de diversa época e procedencia, ofrécese ao espectador unha retrospectiva que pon en contexto a evolución deste repertorio a través dalgúns dos seus fitos históricos.

Carlos Vidal (Valencia, 2004) recibiu clases de violonchelo en Barcelona co profesor Iñaki Etxepare, e continuou os seus estudos de violonchelo entre Valencia e Madrid cos profesores Salvador Bolón, María Casado e Asier Polo. En 2020 obtén praza na Classe de Violoncelle de Jérôme Pernoo no CNSM de París.

Foi galardoado no Concurso Dotzauer (Dresden, Alemaña), o Concurso Internacional Johannes Brahms (Porstchach, Austria), o Concurso Mocidades Musicais de España, o Kodaly Competition (Debrecen, Hungría), ou o premio “Príncipe de Hesse” da Kronberg Academy.

Recibiu clases maxistrais de mestres como Peter Bruns, Claudio Bohórquez, Danjulo Ishizaka, Gary Hoffmann, Frank Helmerson, Julian Steckel e Xavier Gagnepain. e tamén tocou con mestres da talla de Alexander Kobrin, Marco Rizzi, Luca Ranieri ou Philipp Graffin.

Carlos toca cun violonchelo anónimo de 1808 chamado “Sweet” e un arco de Charles Nicolas Bazin fabricado en 1875.

Programa

Domenico Gabrielli: 7 Ricercare per violoncello solo
Johann Sebastian Bach: Suite nº1 BWV 1007
Giuseppe Dall’Abaco: 11 Capricci para violoncello solo
Aldredo Piatti: 12 Capricci para violoncello solo op.25
Gaspar Cassadó: Suite para violoncello solo
Györgi Ligeti: Sonata for cello solo

Artigos relacionados

Back to top button