DeportesÚltima hora

Carolina Camino, a “Perla da Ribeira Sacra”, renova co Club Voleibol Emevé para a vindeira tempada na Superliga Feminina

A deportista, natural de Quiroga con ascendencia no Bolo, fichaba o ano pasado polo club lucense

 

A situación vivida esta ano por culpa do coronavirus afectou a todos os ámbitos, sendo o deportivo un dos máis afectados, con competicións suspendidas, ligas acabadas de forma precipitada,… O voleibol non foi unha excepción con grandes equipos que viron truncados os seus obxectivos.

É o caso do Club Voleibol Arenal Emevé de Lugo que en decembro de 2019, presentaba un gran reforzo para o seu grupo de loitadoras: a fichaxe da “Perla da Ribeira Sacra” Carolina Camino. Natural de Quiroga con ascendendia no Bolo, unha vez terminada a liga co seu equipo Caep Soria e o seu compromiso coa Permanente da Selección Española, Carolina chegaba ao club lucense coa misión de “reforzar os nosos equipos femininos xuvenil e da Superliga 2 nos Campionatos de España e play off de ascenso respectivamente”, explican dende o Emevé, lamentando que a crise do Covid-19 impedise “poder desfrutar dela ata o momento”.

Por iso, Carolina e o club decidían renovar o seu compromiso para que “tod@s poidamos desfrutar desta incrible xogadora no seu hábitat natural, a Superliga Feminina-Liga Iberdrola”.

 

Artigos relacionados

Back to top button