CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Carta de Ajuste abre mañá o ciclo de música “Xoves de Terraceo” na Pobra de Trives

O dúo de versións dos anos 80 e 90 actuará na praza Doutor Paz a partir das 22 horas

O dúo de versións, Carta de Ajuste.

 

Tralo parón provocado pola pandemia, a música en directo e en pequeno formato, regresa á praza Doutor Paz da Pobra de Trives co ciclo “Xoves de Terraceo”.

Promovido por A Cantina do Catro e O Boliche co obxectivo de “recuperar o bo ambiente de verán pre-pandemia na terraza que comparten”, e en colaboración con Hermanager Producións, o ciclo consta de tres actuacións previstas para os días 8 e 22 de xullo e 5 de agosto, cos lucenses Carta de Ajuste e The Lioness Treasure de Sarria, e o coruñés Pablo Balseiro. Nestas veladas a música será a protagonista para goce daqueles e daquelas que decidan pasar unha noite divertida á fresca, con entrada gratuíta.

A primeira será mañá, xoves 8 de xullo, da man do dúo de versións Carta de Ajuste, que baixo o lema O mellor e o peor dos 80 e 90 en concerto, articula un espectáculo no que comedia e música fusiónanse a partes iguais, buscando a complicidade e interacción do espectador en todo momento e atrapando a quen se achega nunha festa disparatada pero dentro dun orde.

Este dueto presenta unha formación pouco usual tendo en conta o repertorio que defenden. Unha guitarra española, unha caixa peruana e dúas voces confiren ás versións adaptadas un son peculiar e característico que sorprende, abordando dende un punto de vista diferente cancións que levamos escoitando toda a vida.

 

Artigos relacionados

Back to top button