OpiniónÚltima hora

Carta dun veciño de San Vicente

Estado da estrada de San Vicente traslos efectos da chuvia no pasado mes de xaneiro./ Foto cedida.

 

Eu non teño estudos, nin falta que ma fai para poder opinar sobre o que está a pasar con esta parroquia de San Vicente. Todo empeza sempre por cousas de pouca importancia ata que, co paso do tempo, pasan a ser un abuso. Os poucos veciños que quedan nesta aldea, dou fe de que sempre pagaron os seus impostos. Polo tanto, non sei por que son ignorados cando se manifestan por algo que é deles, que lles pertence. Algo que construíron os seus familiares e ancestros.

Nós non pedimos nada raro, tan só algo que é noso e do que uns pasotas gobernantes nos teñen privado dende case 30 anos e, polo que se ve, sen ningunha intención de mellorar. A esta xente chámanlle os do PP. Eu xa tiven que cambiarlle o nome e chámolle… “o partido datrás”, sin ningunha mala intención, tan só polos seus feitos.

Se vostedes non queren axudarnos, non nos impidan que podamos facelo nós mesmos, porque eso xa é mala fe. Vostedes non saben o que é subir cada día por unha pista que máis ben é un funicular en vez dunha carretera. ¿Quen nos paga os 3,5 Km. de máis que temos que facer de cada viaxe? Cun gasto de combustible de máis do dobre, sen contar rodas, frenos e embragues, para poder chegar ás nosas casas.

Eu quero dicirlles que vostedes para min non son boa xente, máis ben diría, que son moi abusadores e pouco solidarios. En pleno século XXI, teño que dicir que isto tan só pasa nesta rica provincia en diñeiro, pero pobre pola ignorancia.

Texto: Un veciño de San Vicente.

Artigos relacionados

Back to top button