ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Cartel musical de luxo na Rebusca de Manzaneda polas Letras Galegas

Publicidade

Dobre sesión musical, tarde e noite, para celebrar o Día das Letras Galegas en Manzaneda. A Asociación Cultural A Rebusca festexa con poesía, musica, canción de autor e mesmo rock esta data literaria o 20 de maio.

Sobre o escenario do local social da Rebusca actuaban a partires das sete da tarde. Comezaba o cantautor Andrés Fernández e, de seguido, podía desfrutarse de Tino Vaz.

A festa musical e literaria continuaba pola noite con outros dous concertos, a partires das once. Primeiro tocaban Xosé Luis Rivas Cruz “Mini” e a Baldomero Iglesias Dobarrio “Mero”, un dúo de cantautores da Terra Cha. e logo mudaba por completo o ritmo e estilo e dábase paso ao rock de Ruxe Ruxe.

Fotos: Carlos G. Hervella, agás as do concerto de Mini e Mero, que son cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button