DeportesÚltima hora

Casaio será o punto de saída da proba cicloturista “Gran Fondo Pena Trevinca” o 15 de setembro

Esta cita popular desenvolverase entre as as comarcas de Valdeorras (Ourense) e La Cabrera (León)

O vindeiro domingo 15 de setembro ás nove da mañá darase a saída da proba ciclista popular “Gran Fondo Pena Trevinca Cima de Galicia” dende Casaio (Carballeda de Valdeorras). Esta cita deportiva terá un percorrido de 110 km (con 3.150 metros de desnivel positivo) no que se atravesarán as comarcas de Valdeorras (na provincia de Ourense) e de La Cabrera (León) ata rematar no Alto de Fonte da Cova (Carballeda), segundo o regulamento deste evento deportivo.

O traxecto pasará por lugares como O Barco, o alto de Biobra, Quereño, Pombriego, Sigüeya ou Gobernadas, segundo a organización, que está en mans de MOVENTS Sport&Entertainment.

 

Artigos relacionados

Back to top button