En portadaÚltima hora

Case 200 persoas, na Festa do Botelo do Barco en Vigo

 

Un mes despois da exitosa celebración da Festa do Botelo do Bado na Coruña tocáballe o turno á de Vigo.

Así, no mediodía deste sábado 2 de marzo celebrábase no Hotel Coia, unha nova edición da Festa do Botelo do Barco en Vigo, á que asistían algo máis de 180 persoas que degustaban o menú composto por sopa de cocido, empanada de maravallas, botelo e chourizos con grelos e cachelos e, de sobremesa, bica. Todo, regado con da D.O. Valdeorras.

 

 

Entre os asistentes a esta VIII Festa en Vigo atopábanse o alcalde de Vigo, Abel Caballero e o presidente da Cámara de Viana do Castelo (Portugal), Luis Nobre. En representación do Concello asistiron o alcalde, Alfredo García, e a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta.

A seguinte cita co botelo será na vindeira fin de semana, por primeira vez en Madrid, na Casa de Galicia e no Centro Galego.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button