ConcellosRubiáÚltima hora

Case 50.000 euros para mellorar o sistema de tratamento de auga en Rubiá

A obra ten por obxecto eliminar a turbidez da auga que se produce en determinadas épocas do ano

 

Casa do Concello de Rubiá.

 

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda achegará a través de préstamos sen xuros un total de 48.000 euros ao Concello de Rubiá (Ourense) co obxecto de financiar a actuación de mellora do sistema de tratamento de auga potable no municipio.

Con este fin, a conselleira Ángeles Vázquez e o alcalde Elías Rodríguez asinaron hoxe telematicamente un convenio de colaboración que lle dará acceso a este municipio ourensán ao Fondo de Cooperación do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), un instrumento de apoio aos concellos de menos de 50.000 habitantes para o financiamento de obras de rehabilitación e conservación do patrimonio construído.

En concreto, o Concello de Rubiá poderá dispoñer de 48.000 euros para instalar un sistema de filtración no depósito de Lago, unha contía que poderá devolver ao IGVS en oito anualidades, de forma cómoda e sen xuros.

A obra ten por obxecto eliminar a turbidez da auga que se produce en determinadas épocas do ano. Para conseguilo, executarase unha caseta independente ao depósito para a instalación do sistema de filtrado, así como os equipos complementarios (valvulería, precloración e sistema de lavado) e a relocalización dos equipos de dosificación e almacenamento de hipoclorito existentes.

Artigos relacionados

Back to top button