CulturaCulturaÚltima hora

Caspervek Trío musicaliza en directo o filme mudo “O maquinista da xeral”, no FIC de Verín

Tamén nesta xornada de domingo comezarán a proxectarse as curtas da sección oficial desta edición do festival

Caspervek Trío./ Cedida.

 

Segunda xornada do Festival Internacional de Curtas (FIC) Vía XIV de Verín. No seu afán por ligar música e cinema, o certame programa unha actividade paralela a cargo do Casperverk Trío, unha agrupación formada polo pianista Brais González, por Tonio Comesaña a cargo do clarinete e por Laura Lorenzo (frauta). Será unha musicalización de cinema mudo en directo a partir das 20h. no Auditorio.

O aceno de identidade deste grupo é sempre o do respecto polos filmes que musicalizan utilizando elementos do jazz clásico, a musica contemporánea, o folk ou a electrónica. O Trío musicalizará o filme clásico, “O maquinista da xeral”, feito en 1926 por Buster Keaton.

Proxección das curtas en competición

Ademais nesta xornada comezarán as proxeccións dalgunhas das curtas en competición. Así ás 18h. proxectaranse as primeiras da sección “Nova” e, despois da actuación de Caspervek Trío, sobre as 22:15h. poderán verse pezas encadradas en A Raia.

Artigos relacionados

Back to top button