ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Castañas asadas, ao ritmo da música na praza de Viloira (O Barco)

 

Multitude de persoas se reunían na tarde deste 11 de novembro na praza de Viloira (O Barco) para participar no magosto popular. Repartíanse castañas asadas en cornetos e tampouco faltaba o viño. Despois os asistentes podían situarse nunhas mesas situadas na mesma praza para degustar estes saborosos froitos de outono que se asaban in situ.

O ambiente estaba animado polo grupo tradicional Bandina Los Bierzones.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button