DeportesÚltima hora

Castrelo de Miño acollerá a 1.100 participantes no Campionato de España de Remo Olímpico en categoría alevín, infantil e veterano

A proba, na que participarán 79 clubs, está prevista para os vindeiros días 7, 8 e 9 de xullo

 

Castrelo de Miño será a sede do Campionato de España de Remo Olímpico para as categorías de Alevín, Infantil e Veterano, os días 7, 8 e 9 de xullo. O evento está organizado pola Federación Española de Remo coa colaboración da Deputación, o Concello de Castrelo de Miño e o Club Náutico Castrelo de Miño.

O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, coñeceu esta mañá os detalles da proba nun encontro no Pazo Provincial coa presidenta da Federación Española de Remo, Asunción R. Loriente; o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos; o xefe provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Pérez; a presidenta do Club Náutico de Castrelo de Miño, Beatriz Alberte; e o coordinador técnico da Federación Española de Remo, Felipe García.

Na competición están inscritos 79 clubs pertencentes a Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra, Aragón, Cataluña, Comunidad Valenciana, Andalucía e Madrid. Entre as categorías alevín, infantil e veterano -en masculino e feminino- espérase a 1.100 participantes.

O campionato celebrarase en Castrelo de Miño ao longo do venres e sábado pola mañá e tarde, e o domingo pola mañá, coa entrega de medallas arredor das 14,30 horas. Ademais, o mellor club en categorías inferiores recibirá o Trofeo Promoción e o mellor en modalidades femininas, o Trofeo Iberdrola.

Artigos relacionados

Back to top button