PolíticaÚltima hora

Castro Caldelas acolle a Comisión Executiva Provincial do PSdeG-PSOE

Comisión Executiva Provincial do PSdeG-PSOE en Castro Caldelas./ Cedida.

 

Esta mañá o PSdeG-PSOE celebraba a súa Comisión Executiva Provincial en Castro Caldelas, onde aproveitaban a reunión orgánica, exclusivamente con cargos do partido, para facer unha valoración dos primeiros 5 meses de mandato dos gobernos locais da provincia e tamén comezaron a trazas as liñas de traballo de cara as eleccións municipais que se celebrarán o vindeiro ano.

A Executiva Provincial segue coa súa aposta de celebrar as súas comisións polos diferentes municipios da provincia e desta vez os membros da mesma desprazáronse ata Castro Caldelas. No municipio ourensán, os socialistas puxeron en valor o labor “encomiable” da actual alcaldesa, Sara Inés Vega, e fixeron fincapé en que Castro Caldelas “é un dos faros do bo facer do municipalismo socialista na provincia, un exemplo claro de que cando se aposta por traballar a prol da veciñanza, os concellos avanzan en lugar de retroceder”.

 

 

Dende o PSdeG-PSOE de Ourense aproveitaron tamén para resaltar que o socialismo ourensán “conta con persoas moi competentes, leais e traballadoras e como proba disto temos aos nosos alcaldes e alcaldesas, referentes do municipalismo a nivel nacional, autonómico e provincial”. Os e as socialistas destacaron que a Executiva Provincial “é a viva mostra de que as persoas que a conforman, traballan a diario a prol dos seus veciños e veciñas”.

Trala reunión, os socialistas aproveitaron tamén para destacar que esta reunión “é un tema orgánico do partido, no que tan só están presentes os cargos orgánicos da Executiva Provincial e no que non hai ningún tipo de inxerencia ou interacción coa veciñanza, posto que o acceso é exclusivo aos membros da Executiva”. Ademais visitaban a feira de gando trimestral deste municipio, que se celebraba neste sábado, e alí xantaban pulpo.

Artigos relacionados

Back to top button