Castro Caldelas celebra a entrega dos Premios Alecrín 2020 no Castelo, adicados nesta edición ao 60 aniversario da tradución da Biblia ao galego polo caldelao Manuel Casado Nieto. Foi presidente e fundador do Centro Galego de Barcelona, que estivo durante 17 años exercendo o cargo.
Ademais, contou ao longo da súa historia con outros tres presidentes caldelaos, entre eles Olegario Sotelo (presidente da Fundación Sotelo Blanco, o cal donou os fondos museísticos e traslado da Fundación e o Museo a Castro Caldelas).
O acto celebrábase no día de onte, martes 11 de agosto, ás 12:00 horas no Patio de Armas do Castelo e foi presentado polo locutor de radio galego-catalán Xosé Carlos. Os “alecríns” estiveron acompañados pola música da cantante Uxía.
Figuras relevantes da cultura, as letras, o deporte, a música, a empresa privada ou a viticultura, entre outros, foron homenaxeadas nesta terceira edición dos premios.
Así, os premiados foron a banda “A lira” de Ribadavia, o debuxante Siro, a Fundación Vicente Risco, Xesús Carballido, Justo Molinero de Radio Tele Taxi, o ciclista Óscar Pereiro, a cantante Uxía, Juan Luís Méndez de Adega Vía Romana, o escritor Amador Castro Moure, o cura de Cacabelos Jesús Álvarez, a Fundación San Rosendo, o Pazo Mariñán-Adegas Monterrei, a Aura Seguros, a Casa do Patrón, a García&García, a Celtic Estores, e a Sociedad Cooperativa Agrícola Gistredo Castaña de Parece.
Ademais, a FEGALCAT (Federación de entidades culturais galegas en Cataluña) donou un cadro pintado polo malagueño Francisco Naranjo, autor dos carteis da Semana Santa Andaluza e restaurador das obras da Catedral de Málaga así como toda a dirección de Pedro de Mena. O cadro representa a alegoría de San Sebastián, patrón de Castro Caldelas e figura relevante da Festa dos Fachós dende 1751.
Fotos cedidas.