CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Castro Caldelas recupera o seu Magosto tras o parón da pandemia

 

A veciñanza de Castro Caldelas vén de celebrar na noite do sábado 12 de novembro o seu Magosto despois da pandemia e que vén de resultar un éxito. “Foi un cheo total. Había ganas de festexar, de reunirse e como non, tomar o primeiro cocido da tempada”, destaca a alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega.

Nun ambiente festivo e alegre, os veciños degustaban sopa de cocido, logo un fantástico cocido con cachucha, pata, lacón, chourizos, verdura, garavanzos, patacas… E, por suposto, neste Magosto non faltaba a bica manteigada e as castañas asadas, todo regado co primeiro viño novo da Denominación de Orixe Ribeira Sacra en Castro Caldelas.

 

 

E despois de unha boa cea, viña o café e chupitos para preceder ao baile co Duo Feeling. “Foi unha noite de compartir risas, bo ambiente e compañerismo entre os veciños. Unha noite de exaltación do produto local que tamén serviu para encher os locais de ocio nocturno da vila”.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button