CulturaCulturaEn portadaÚltima hora

Castro Caldelas renderá culto ao lume o 19 de xaneiro coa tradición dos Fachós

Uns 600 fachós acesos, precedidos por un gran fachón de non menos de 30, percorrerán entre lusco e fusco as rúas do casco histórico desta vila

Imaxe da procesión dos Fachós de Castro Caldelas, no 2020./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Na véspera de San Sebastián, o 19 de xaneiro, Castro Caldelas celebrará a súa tradicional Festa dos Fachós. Comezará arredor das 7:30h, entre o “lusco e fusco”, coa caída do sol e prolongarase durante a noite, convertíndose nunha das tradicións de culto ao lume máis representativas de Galicia.

A festa inícase cunha procesión que parte do adro do Santuario dos Remedios e que participan centos de “fachós” que percorren o casco histórico, arrodeando o Castelo e facendo o percorrido en plena escuridade (soamente o Castelo está alumeado). A procesión vai presidida por un gran fachón dun mínimo de 30 metros por detrás da imaxe do santo, feita de palla ao igual que os fachós. Remata a procesión no adro do santuario, onde se queiman todos os restos nunha gran fogueira, culminando o rito do lume purificador en medio do toque de campás.

E una vez rematada a procesión de palla e lume e, ao carón da monumental cacharela, comezará a parte gastronómica con chourizos asados, pan, viño da D.O. Ribeira Sacra, Bica e una monumental Queimada. Os chourizos son feitos de xeito artesán e curados con fume de leña de carballo durante os 20 días anteriores.

 

 

As orixes da tradición

A pesar de que a Festa dos Fachós é una tradición ancestral, non se pode determinan a súa orixe con certeza. As primeiras referencias escritas das que se ten constancia son do ano 1751, sendo una das celebracións máis antigas de Galicia. Sobre as súas orixes hai “escritos que falan das tradicións celtas relacionadas có lume, antes de ser cristianizado asimilando ó culto a San Sebastián. O escritor ourensano Vicente Risco relaciona esta festa cós ritos celtas de culto ao sol. Outra hipótese apunta ao século XVIII para referirse a orixe do ritual, cando unha peste de cólera asolou a comarca caldelá, foi entón cando os veciños rogaron a San Sebastián e San Roque para que intercederan e remataran coa enfermidade, facendo unha fogueira para queimar as pertenenzas dos infectados. E logo, os veciños da vila fixeron voto a San Sebastián e San Roque ante o nuncio apostólico. Finalmente, outra tradición vincula a orixe da celebración á conmemoración da busca que fixeron os cristiáns para atopar o corpo do santo a noite que foi martirizado”, tal e como indican dende o Concello de Castro Caldelas. As diversas hipótesis que pretenden explicar a orixe da festa desde una óptica local teñen escasa fiabilidade histórica, non obstante, resultan interesantes como interpretacións populares.

Antigamente a elaboración dos fachós facíase coa palla da sega, que se obtíña despois de sementar o centeo e mallalo. Actualmente esta práctica foise perdendo hasta quedar en desuso, polo que un dos inconvintes para seguir mantendo esta tradición é a falta de palla para facer os Fachós. Por iso o Concello de Castro Caldelas é o que se encarga de sementar cada ano o centeo, de segar, acarrexar e mallar o igual que se facía tradicionalmente, preparando a palla e guardándoa no palleiro para a celebración.

 

 

O programa dos Fachós do 2023

“A maior innovación é continuar facendo a festa o vello estilo tradicional polas dificultades que entraña e o traballo ardúo que comenza un ano antes (sementa, sega, acarrexa, malla)”, destaca a alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega. O desenvolvemento da festa será o seguinte: a partires das 7,30 h, dependendo da claridade do día, comenzará a procesión cun S. Sebastián de palla seguido do Gran Fachón (de nunca menos de 30m). Detrás os máis de 600 fachós individuais que o Concello pon o dispór dos participantes, todo iso acompañado da música de charanga e tradicional. Este ano actuarán as charangas TDB (Terras do Bibei), El Tatoo e o grupo de música tradicional Os Trabazos.

A procesión sae do adro do Santuario dos Remedios e percorre a noite Caldelá a través das empinadas rúas do casco histórico, ao remate os restos dos fachós deposítanse nunha gran fogueira que se atopa na entrada do santuario e comenza o aspecto gastronómico e musical.

Nesta parte os asistentes poderán degustar chourizos feitos e curados con fume de carballo de Castro Caldelas, o pan artesán de forno de leña, o viño da DO Ribeira Sacra, subzona de Castro Caldelas, e unha monumental “Queimada” con augardente desta zona.

Así mesmo, a alcaldesa de Castro Caldelas lembra como dende o ano 2017 non se utilizan vasos refugables, senón cuncas de barro tradicional. “Esta medida, solicitada polos nenos do CPI de Castro Caldelas nunha actividade na que se simulaba un Pleno Ordinario onde os nenos fixeron esta petición e alcaldesa adquiríu o compromiso de aprobala en sesión plenaria, e así foi”, indica Sara Inés Vega.

Artigos relacionados

Back to top button