EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Cata selectiva para as Distincións Gallaecia 2018 na D.O. Monterrei

Un panel de 18 catadores valoraba 51 viños, dos cales 28 eran brancos e 23 tintos, desta zona produtiva
O panel de cata da Asociación de Sumilleres Gallaecia coa presidenta da D.O. Monterrei, na sede desta denominación./ Foto cedida.

Ata sede do Consello Regulador de Monterrei, en Verín, desprazábase na mañá do 10 de xullo un panel de cata da Asociación de Sumilleres Gallaecia para valorar os viños desta denominacións de orixe. Del formaban parte 18 catadores, entre os que se encontraban enólogos, directores técnicos de consellos reguladores, sumilleres e membros do panel de cata de cualificación de Monterrei.

Os técnicos organizábanse en dous paneis, nos que se avaliaban un total de 51 viños, dos cales 28 eran brancos e 23 tintos. Ao finalizar a cata, o vicepresidente da Asociación Gallaecia, Alejandro Paadín, facía unha valoración xeral das mostras catadas e sinalaba as xeada do pasado ano “non fixeron mella na calidade xeral da denominación de orixe”.

Sobre os brancos, dende Gallaecia resaltábase a “harmonía aromática, o equilibrio gustativo e o carácter froital da colleita”. No caso dos tintos, subliñábase que a “crianza beneficia á bondade das colleitas pretéritas”.

Esta, na que tamén se contaba coa asistencia da presidenta do consello regulador, Lara Da Silva, permitiu valorar os viños desta denominación de cara á realizar á preselección dos que pasarán á cata final na que se decidirán as Distinciones Gallaecia 2018. Asemade os datos recollidos nas catas servirán para a elaboración da “Guía de Viños, Destilados e Bodegas de Galicia” 2018, que dirixe Luis Paadín.

Artigos relacionados

Back to top button