Co obxectivo de ofrecer aos participantes os coñecementos esenciais en materia de cata e elaboración de viños, con especial atención aos aspectos organolépticos e enolóxicos, a Ruta A Ruta do Viño de Valdeorras organizaba o curso ‘De tal uva, tal viño’ que se celebra no Complexo Hostaleiro Paladium, en Vilamartín.
En plena vendima, e dirixido por Jorge Mazaira, director técnico do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, o curso comezaba cunha explicación e elaboración da ficha das uvas, brancas (godello, xerez, dona branca e treixadura) e tintas (mencía, garnacha tintoreira, sousón e brancellao), seguida da cata. Pola mañá eran as brancas e pola tarde, tralo xantar será a quenda das tintas.
Malia que o curso tiña as prazas cubertas, tal como indican dende a Ruta do Viño de Valdeorras, esta mesma mañá sufrían varias cancelacións e finalmente era unha decena de persoas a que asistía, chegadas sobre todo da comarca e tamén de Madrid, Ponferrada e a cidade de Ourense.
Fotos: Mónica G. Bellver.