En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Catas e petiscos para abrir as VII Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras

Ademais de visitas ás adegas, haberá unha “Festa de Portas Abertas” no Barco ás 20h. deste sábado e o domingo pola mañá unha ruta pola Serra da Enciña da Lastra (Rubiá)

Cun “Pincha e Cata” no Hotel Restaurante A Calzada de Arcos (Vilamartín) e no Bar Bravo Lux da Rúa encetábase o programa das VII Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras. No decurso desta actividade podían degustarse os viños das sete adegas participantes nesta edición das xornadas: O Casal e O Cepado (Rubiá), Godeval e Roandi (O Barco), A Coroa, Joaquín Rebolledo e Alán de Val (A Rúa). Numerosas persoas sumábanse a esta iniciativa na que os viños se acompañaban de diferentes petiscos en catas comentadas pola sumiller Mercedes González.

O programa de actos continuará os días 2 e 3 de xuño con visitas ás adegas xa citadas, cun circuíto de catro rutas que se farán na mañá e tarde do sábado e na mañá do domingo. Ademais haberá unha andaina pola Serra da Enciña da Lastra (Rubiá) na mañá do domingo con guía de Xanzá Ecoturismo.

Na tarde do sábado farase unha “Festa de Portas Abertas, entre as 20 e as 22h., na praza Abastos do Barco, coa actuación do grupo The Cruze e con degustacións de viños e petiscos.

Durante a fin de semana tamén se servirá menú especial “Portas Abertas” no Hotel Restaurante A Calzada e pincho especial no Bravo Luz, así como prezo especial nos aloxamentos da Calzada e na Casa Rural Pacio do Sil.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button