Na fin de semana do 8 e 9 de xullo os visitantes que se acheguen pola praza de Viloira poderán desfrutar dun amplo abano de propostas no marco da XXIV Feira do Viño de Valdeorras. Así incidirase de xeito especial nas catas, cunha gran acollida en edicións anteriores. A primeira delas tiña lugar na tarde do 8 de xullo e nela podían degustarse viños da D.O. Valdeorras maridados con queixos das 4 denominacións de orixe galegas nos Xardíns da Casa Grande.
A esa mesma hora e nese lugar, o 9 de xullo terá lugar unha cata de viños valdeorreses maridados con petiscos elaborados polo Café Teatro Bajo 5 do Barco. Nestes dous casos era preciso inscribirse (no CRDO Valdeorras).
Ademais na mañá do domingo 9 está programada unha cata popular gratuíta, cunha selección dos mellores viños presentes da feira, para a que tamén era preciso anotarse no consello regulador. Organizaranse 3 quendas para catar: ás 12h., ás 13h. e ás 14h.
Fotos: A.R.