Con actividades do máis diverso desenvolvíase ao longo desta tarde na praza Maior de Ribas de Sil (San Clodio) a II Festa dos Empresarios do Xeoparque Montañas do Courel. O programa, que principiaba cunha charla sobre o Xeoparque e actividade empresarial, incluía propostas lúdicas como un campionato de chave, xogos populares para os máis pequenos e, xa ás 19h. unha cata de aromas.
Logo dábase paso a unha cata de viños e a partir das 21h. a unha pancetada popular con biscoito, que tivo que trasladarse ao interior da Casa do Concello pola chuvia. Tampouco faltaba a música, con diversas actuacións.
Fotos cedidas.