CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Catro agrupacións participarán no Festival Santa Cecilia da Coral Polifónica Candea, en Viana

Será o sábado 18 de novembro a partir das 19 horas na Casa da Cultura

Coral Candea no Santuario da Tuiza, en Lubián, en setembro./ Foto cedida.

 

Un ano máis a Coral Polifónica Candea de Viana honrará por todo o alto á patroa da música, Santa Cecilia, cun festival previsto para o vindeiro sábado 18 de novembro na Casa da Cultura.

Será a partir das sete da tarde e contará coa actuación de catro agrupacións: a Coral de Quiroga, a Coral de Riós, a Coral Polifónica Candea e a Banda de Música Candea.

O evento conta coa colaboración do Concello de Viana do Bolo, do FECOGA e da Xunta.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button