OurenseÚltima hora

Catro estudantes de Dereito comezan as súas prácticas na Subdelegación do Goberno en Ourense

A duración do período de prácticas é de 135 horas e inclúe actividades en todas as unidades
Recepción dos alumnos de Dereito na Subdelegación do Goberno en Ourense.

Froito do convenio de cooperación educativa entre a Administración Xeral do Estado e a Universidade de Vigo, catro estudantes da Facultade de Dereito de Ourense da Universidade de Vigo (tres mozas e un mozo) comezan as súas prácticas na Subdelegación do Goberno en Ourense.

A duración do período de prácticas é de 135 horas, deseñando a Subdelegación os obxectivos e actividades a desenvolver. Así, pasarán por todas as unidades: Estranxeiría, Infraccións administrativas, Autorizacións de armas e explosivos, Control de legalidade das entidades locais, Xestión de recursos humanos, Protección Civil, Emigrantes retornados, Violencia sobre a muller, Rexistro e Información. Tamén pasarán pola  Abogacía do Estado que lles facilitará a asistencia aos xuízos nos que participe.

Os estudantes, que terán como titor ao secretario xeral da Subdelegación Manuel Arias Carral, eran recibidos na mañá do 13 de febreiro polo subdelegado Emilio González Afonso quen destaca o “compromiso do Goberno socialista de Pedro Sánchez coa educación, reflexado nas medidas que se levan tomado nestes meses de exercicio”.

 

Artigos relacionados

Back to top button