OurenseÚltima hora

Catro membros de Asesou ganan as becas que o club ourensán concede anualmente

Os vencedores deste ano son Marcos de la Fuente, Pablo Brea, Tino Tain e Carlos Fernández

Carlos Fernández recibirá unha das becas de 500 euros.

 

Esta semana facíanse públicos os nomes dos socios de Asesou que conseguiron unha das becas que o club ourensán concede anualmente para axudar a cumprir os proxectos dos seus deportistas.

Tras finalizar a fase de presentación, son tres os proxectos (catro escaladores) os que resultaron gañadores: o que realizarán de forma conxunta no Alto Atlas Africano Marcos de la Fuente e Pablo Brea, recibirá a beca de 1.000 euros para menores de 30 anos; unha expedición aos sete miles de Asia Central que fará Tino Tain, recibirá unha das becas de 500 euros para maiores de 30 anos; e unha expedición ao Huascarán, un seis mil dos Andes Peruanos, que realizará Carlos Fernández, recibirá a outra beca de 500 euros para maiores de 30 anos.

 

Tino Tain recibirá a outra beca de 500 euros.

 

No 2017 o club comezou a realizar probas de competición oficiais coa FGM creando a primeira escola de escalada de base da provincia e a súa escola de adultos, esta disciplina non parou de atraer as miradas da sociedade ourensá e de captar adeptos.

Estes últimos anos de vida do club, que en orixe naceu unicamente como colectivo escalador, evolucionou cara ao concepto máis clásico dos clubs de montaña en Galicia, rodeándose de xente formada, comprometida e capacitada, que permitiron incorporar novas disciplinas e novas actividades para todos os rangos de idade e todos os niveis. “Unha formación desde a base, unha aprendizaxe de vida”, aseguran dende o club ourensán.

Marcos de la Fuente realizará con Pablo Brea un proxecto no Alto Atlas Africano.

 

Pablo Prada, Miguel Feijoo e Carlos González (presidencia de Asesou) recalcan que é indispensable a formación, e por iso o club subvenciona parte da formación dos seus socios, tanto en cursos propios como nos cursos da Escola Galega de Alta Montaña, ademais de destinar nos últimos dous anos gran partida do orzamento á compra de material para a práctica e formación das diferentes disciplinas de montaña, poñéndoo ao dispor dos socios de forma gratuíta.

 

Pablo Brea o cuarto escalador becado polo club Asesou.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button