DeportesNataciónÚltima hora

Catro ouros para Cristina G. Colomo (Salvour) no galego máster de salvamento e socorrismo

A deportista do club ourensán vencía nas catro probas nas que participaba e batía dous récords galegos

 

De “colosal” califican dende o Salvour a actuación da súa deportista, Cristina García Colomo, no Campionato Galego Máster de Salvamento e Socorrismo en augas pechadas que se celebraba este sábado 10 abril en Carballo, onde se impoñía nas catro probas disputadas, batendo ademais dous récords galegos.

Cristina, a única representante do club ourensán no campionato, recollía catro ouros: un na proba de 100 metros aletas maniquí cun tempo de 01:34:57; outro na de 50 metros remolque maniquí con 00:52:07 na cal batía o récord galego; outro nos 100 metros socorrista con 01:25:63 onde tamén batía o récord galego; e nos 200 metros natación con obstáculos con 03:10:65.

Con estes resultados Cristina demostrou que está en plena forma para o Campionato de España Máster que se celebrará en Vizcaia os días 29 e 30 de maio, logrando tamén o terceiro posto na categoría feminina para o club Salvour.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button