
A localidade de Pontedeume (A Coruña) acollía neste 15 de agosto a LVI Baixada Internacional do Eume, na que participaban un total de 30 clubs. Entre eles estaba o Fluvial O Barco, que sumaba un total de catro podios nesta cita cunha distancia de 12.000 m. Así o padeixeiro valdeorrés Jesús Rodríguez vencía en K-1 sénior, mentres que Saúl Rodríguez era terceiro nesta mesma categoría.
Xa en veteranos, o tamén piragüista do Fluvial O Barco José Antonio Girón facíase co primeiro posto, mentres que en terceiro lugar quedaba Fernando García Viso. Por clubs, o Fluvial O Barco situábase en novena posición.
Fotos: Fegapi.
