Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

O Club Peña Trevinca Barco suma 4 podios en Oia (Pontevedra) na liga galega de orientación

 

A quinta proba de liga galega de orientación celebrábase nesta fin de semana, en concreto, o sábado 3 de xuño. O Club Peña Trevinca Barco contaba cunha representación de 7 integrantes que se desprazaraba ata a área do Curro da Valga, en Oia (Pontevedra). “Nas carreiras xogou un papel fundamental a moi boa cartografía do lugar e o bo estado de limpeza da zona permitiu realizar moi boas transicións por dentro dos bosques”, destacan dende este club valdeorrés.

Ademais indican que, “aos poucos, e xa cos rastros da pandemia por detrás, “a escueliña” volve ir collendo fol e as boas participacións van aparecendo”. E boa mostra disto son o 2º posto de Brais Rodríguez en M12, o 2º de Mailén Aller en F18, o 3º de Martina Aller en F14 e o 5º Xian García en M14. Entre os adultos, Fran Camba tamén se subía ao terceiro caixón do podio, Remedios Durán conseguía un 5º posto en F55 e Pablo Aller quedaba entre os 15 mellores en M50.

 

 

En 15 días o club retomará a competición na cidade de Vigo e proximidades, cunha tripla proba, onde a Vigo City Race, será a cita máis importante de toda a fin de semana.

Artigos relacionados

Back to top button