En portadaÚltima horaVídeos

Iraola reina nunha V Subida a Valdeorras tamén con podio veigués

 

A entrega de premios poñía o broche a unha intensa fin de semana de automobilismo no Barco da man da V Subida a Valdeorras, na que competía un total de 30 pilotos. Arredor das catro da tarde deste domingo comezaban a entregarse os galardón na praza de Viloira (O Barco) nunha cita na que se coroaba, con récord incluído, o piloto vasco Joseba Iraola (Nova NP 01).

 

 

Nesta cita tamén participaban pilotos valdeorreses, sendo o mellor resultado o acadado polo veigués Félix Macías, cun terceiro posto na xeral do Trofeo Concello do Barco.

Algúns dos trofeos que se entregaban foron elaborados por Christian Pombo (Spombini) e tamén se facia entrega cos premios do vermú da Horta de Fina e Mar Premium.

 

 

As clasificacións do Campionato de España de Montaña na V Subida a Valdeorras son as seguintes:

Clasificación xeral Scratch
1º Joseba Iraola (Nova NP01)
2º Jacobo Senín (Nova NP01)
3º Javi Villa (BRC B59)

Categoría I
1º Ismael Rico (Seat Ibiza Cupra)
2º Gerard de la Casa (Ford Fiesta)
3º Jordi Gaig (Porsche 911 GT3R)

Categoría II
1º Joseba Iraola (Nova NP01)
2º Jacobo Senín (Nova NP01)
3º Antonio Gutiérrez (Demon Car CM 1000)

Categoría III
1º Javi Villa (BCR B59)
2º Benito Pérez (BRC B49)
3º Aitor Manso (BRC B4)

Clases
Vencedor Clase 1: Gerard de la Casa (Ford Fiesta)
Vencedor Clase 2: Jordi Gaig (Porsche 911 GT3R)
Vencedor Clase 5a: Luis Antonio Penido (Mini JCW Rallye 2)
Vencedor Clase 5b: Francisco José Benitez (Saxo VTS)
Vencedor Clase 7: Joseba Iraola (Nova NP01)
Vencedor Clase 8: Antonio Gutiérrez (Demon Car CM 1000)
Vencedor Clase 9: Javi Villa (BRC B59)
Vencedor Clase 11 (CM júnior): Jordi Vilardell (Demon Car CM R2 EVO)
2º clasificado Clase 11 (CM júnior): David Cánovas (Talex M3)
Vencedor de Turismo júnior: Ismael Rico (Ibiza Cupra)
Vencedora da Copa feminina en montaña: Sandra Gómez (Talex M3)

 

 

Trofeo Concello do Barco

Xeral:
1º Abraham Vázquez (Fórmula Dicode)
2º Jorge Pérez (Porsche 911 GT3 CUP 991 2015)
3º Félix Macías (Skoda Fabia NS)

Regularidade
1º Diego García/ Leticia Vázquez (Saxo VTS)

Históricos
1º Javier Carballo (Ford Escort)
2º Óscar Díaz (AX Max)

Non Carrozados
1º Abraham Vázquez (Fórmula Dicode)
2º Aitor López (Radikal SR3)

Carrozados

1º Jorge Pérez (Porsche 911 GT3 CUP 991 2015)
2º Félix Macías (Skoda Fabia NS)
3º Javier Carballo (Ford Escort)

Fotos: Carlos G. Hervella.

Galería de fotos:
https://osil.info/a-xornada-do-domingo-na-v-subida-a-valdeorras-en-imaxes/

 

 

Artigos relacionados

Back to top button