AutomobilismoDeportesGalerías de fotosÚltima horaVídeos

A xornada do domingo na V Subida a Valdeorras, en imaxes

 

Pasadas as dúas e media da tarde deste 25 de xuño os vehículos participantes na V Subida a Valdeorras chegaban á praza de Viloira (O Barco) para dirixirse cara o parque pechado, situado na praza, logo de concluír a derradeira das carreiras desta cita puntuable para o Campionato de España de Montaña.

 

 

Remataba así unha intensa xornada de domingo, marcada pola emoción, o espectáculo, o sofocante calor e tamén algún incidente, como a saída de vía do piloto Gerard de la Casa que obrigaba a parar a carreira por bandeira vermella arredor das 12h. Entre os participantes nesta V Subida a Valdeorras había tres pilotos valdeorreses: Félix Macías, Carlos López e J. Seoane.

 

 

Pese ao intenso calor, o público seguía dende diferentes puntos do traxecto a proba. E, como en anteriores edicións, tamén nesta ocasión os veciños de Santa Mariña e Santigoso (O Barco) situábanse nunha viña á beira da estrada, na zona da Escrita, para ver a carreira e ofrecían auga e bebidas frescas tantos aos membros da organización, como aos fotógrafos e voluntarios de Protección Civil, algo que lles agredecían, especialmente nun día como o de hoxe.

 

 

Nesta galería de fotos achegamos un resumo en imaxes da segunda xornada desta competición, organizada pola Escudería Valdeorras co apoio doutras administracións como o Concello do Barco e da Deputación. Ademais contábase coa colaboración de numerosos voluntarios, das agrupacións de Protección Civil do Barco, A Veiga, O Bolo, Petín e Manzaneda, co GES Valdeorras e GES da Veiga, Policía Local do Barco, Garda Civil e Tráfico.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button