A RúaConcellosO BarcoÚltima hora

Catro positivos de Covid nos centros educativos da Rúa e dous nos do Barco

Exterior do IES Cosme López da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Leve incremento nas cifras de casos activos de coronavirus nos centros educativos da Rúa. Segundo o listado que vén de facer público a Xunta neste 10 de decembro, o IES Cosme López rexistra 3 positivos (2 máis que os do pasado 5 de decembro, xornada na que a Administración galega facilitaba os datos por última vez), o CEIP Manuel Respino segue con 1, mentres que no Colexio Pablo VL-Fátima xa non hai casos e queda libre de virus.

No referente ao Barco manteñen as mesmas cifras, pero con diferencias nos centros: o IES Martaguisela segue con 1 e volve a ter un caso positivo CEIP Julio Gurriarán, mentres que o CEIP Otero Pedrayo queda libre de virus.

Deste xeito a comarca de Valdeorras suma nestes momentos cinco positivos.

O total de positivos en colexios, escolas infantís e institutos da provincia é de 42 e hai 2 aulas pechadas.

Artigos relacionados

Back to top button