En portadaÚltima hora

Catro positivos en Covid-19 en Chandrexa de Queixa, importados doutras comunidades

Trátase de membros dunha mesma familia, que están illamento domiciliario na localidade de Fitoiro

 

Continúan medrando os casos de Covid-19 na provincia de Ourense. Dende a Consellería de Sanidade veñen de confirmarse catro novos casos positivos importados, de viaxeiros procedentes das comunidades de “Cataluña e Aragón con estanza temporal no concello de Chandrexa de Queixa, vén de activarse o protocolo de seguimento dos seus contactos”. As catro persoas teñen relación familiar e están xa en illamento a domicilio na localidade de Fitoiro.

Por outra banda, Ourense rexistraba onte, sábado, o primeiro caso positivo de covid localizado en Galicia a partir do rexistro obrigatorio de viaxeiros que chegan ao territorio da comunidade. É unha persoa procedente de República Dominicana que chegou á provincia e á que e lle realizou la PRC preventiva ao trasladarse dende unha zona de alta incidencia covid.

Neste senso, as PCRs realizadas aos contactos estreitos do caso deste viaxeiro procendente de Santo Domingo, “detectou 2 casos positivos máis, con vinculación familiar directa. Todos permanecen en illamento no seu concello de estanza, no Carballiño, e a seguemento sanitario. O resto de contactos aos que se lles realizou a proba, con resultado negativo, permanecerán en corentena de 14 días monitorizados por Sanidade”, segundo informa a consellería.

Desde Sanidade lembran a importancia de seguir o protocolo de rexistro obrigatorio dos datos a todos os viaxeiros procedentes de territorios de alta incidencia de Covid “o que, como neste caso, permite actuar preventivamente e é actuar precozmente evitando a extensión de contaxios”.

18 casos activos na área sanitaria ourensá

Tras a última actualización de datos realizada pola Consellería de Sanidade, a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexistra 18 casos activos de coronavirus. Deles 3 están ingresados no Hospital Universitario de Ourense e 15 a seguemento a domicilio. Non hai ningún en UCI.

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 2.046: con 1.896 curados e 132 falecementos. En total lévanse feito 36.019 PCRs.

Artigos relacionados

Back to top button