En portadaÚltima hora

Catro viños da adega ruesa Melillas e Fillos, premiados no “International Wine Awards”

Conseguía dúas medallas de ouro, un bronce e unha prata na 11ª edición deste certame

Viños premiados no concurso internacional./ Foto cedida.

 

Entre os viños galardoados no “International Wine Awards 2020” figuran da Denominación de Orixe Valdeorras. Na 11ª edición este certame, cuxos resultados se veñen de facer públicos, resultaban premiadas catro marcas da adega ruesa Melillas e Fillos: o tinto Lagar do Cigur crianza selección Mary Ginzo 2013 coa medalla de ouro, Lagar do Cigur godello 2019 coa prata, o Lagar do Cigur mencía 2019 cun bronce e o Lagar do Cigur mencía barrica 2018 co ouro.

Neste concurso, organizado e desenvolvido por Catavinum en Vitoria-Gasteiz, participaban máis de 2.200 viños e licores de diferentes parte do mundo (dende Arxentina, México Canadá, Australia, Chile ou Brasil ata Francia, Alemaña, España, Grecia, Hungría, Italia ou China) dos cales obtiñan medalla 674. Esta iniciativa aposta por promover os viños de calidade e por contribuír á difusión da cultura do viño.

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button