ConcellosÚltima hora

Cazadores do TECOR Terra de Caldelas fan unha “xornada de caza de lixo” no monte

Esta é o terceiro que un grupo de cazadores de caza maior realizan esta limpeza nos terreos do seu TECOR

 

Neste sábado 6 de maio un dos grupos de caza maior do TECOR Terra de Caldelas reuníase para celebrar a “III Xornada de caza do lixo”. Na limpeza participaban unha vintena de persoas que, ao longo de toda a mañá, recollían todo tipo de lixo nos terreos do seu TECOR, situados nos concellos de Castro Caldelas, Montederramo e A Teixeira. Atopaban dende neumáticos e lavadoras ata plásticos e refugallos da construción.

En total enchía os cazadores enchían 4 remolques de dous eixos que logo traslaban para despositalos no Punto Limpo de Castro Caldelas.

 

 

Este é o terceiro ano consecutivo que promoven esta actividade. “Un día nunha batida, hai xa tres anos, acordouse organizar unha xuntanza un sábado ao rematar a tempada de caza para limpar ao monte, xa que víamos que había zonas onde a xente botaba lixo. E así o fixemos. Durante a tempada imos apuntando as localizacións onde vemos vertidos e, ao rematar, facemos a limpeza”, explica Ramón, un dos participantes na xornada.

Con esta iniciativa buscan contribuír a manter limpo o monte e concienciar á xente para que non o uso como vertedoiro.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button