
O CD Barco continúa poñéndose a punto, apurando unha intensa pretempada antes do inicio da campaña previsto para o 8 de setembro.
Así, na tarde deste xoves 22 de agosto o equipo de Lino Estévez viaxará ata o campo dos Carrís para enfrontarse á UD Barbadás. E o domingo día 25 xogarán en casa, no pavillón de Calabagueiros, o Memorial Miguel Fariñas de fútbol, o partido co que o Centro de Deportes Barco lembra a un dos seus presidentes máis querido, que chega este ano á IX edición.
O partido comezará ás 20 horas e enfrontará ao conxunto barquense co Club Lemos. A entrada será gratis para os socios con carné actual, e de 5 euros para o resto.




