CD BarcoDeportesFútbolÚltima horaVerín CF

CD Barco e Verín CF enfrontaranse no Couto (Ourense) o 8 de xuño, na final da Copa Deputación

O club barquense pon á venda unha camiseta de edición especial para o evento deportivo

 

Logo de vencer aos seus respectivos rivais nas semifinais (0-2 ao Sporting Celanova e 1-0 ao Velle) o CD Barco e o Verín CF xogarán a final da XLII Copa Deputación no campo ourensán do Couto.

O partido disputarse o vindeiro sábado 8 de maio ás 19 horas e dende o club barquense convidan á afección a vivir a final con eles. Para iso poñen á venda unha camiseta de edición especial que pode mercarse en Frutería Fina e Mar, Churrería A General, Bar Makoki, Peluquería Nilo e Bar La Plazita, todos, establecementos do Barco de Valdeorras.

O prezo da camiseta máis a entrada ao partido é de 20 euros.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button