SanidadeÚltima hora

Cea benéfica da AECC no Barco o 6 de abril

Terá lugar a partires das 22h. no Casino da vila. As entradas, cun prezo de 30 euros, poden adquirirse en diversos establecementos comerciais barquenses
Imaxe dunha edición anterior desta cea benéfica da AECC no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

O vindeiro 6 de abril ás 22 h. a delegación valdeorresa da Asociación Española contra o Cancro (AECC) organizará a súa cea benéfica anual. O seu obxectivo é recaudar fondos que permitan sufragar as actividades desta entidade, se ben unha parte tamén irá destinada a investigación.

Esta cea celebrarase no Casino do Barco e estará animada coa música do grupo Aire Flamenco. O menú incluirá: táboa de embutidos, langostinos con salsa, redondo de tenreira con guarnición, tarta (cortesía de Lambone) e pan elaborado pola Asociación de Mulleres Rurais de Córgomo. Estes pratos irán acompañados por viños doados por varias adegas da Denominació de Orixe Valdeorras e a auga será aportada por Exclusivas Morales.

Ademais, na sobremesa terá lugar un sorteo de diversos produtos doados por establecementos de Valdeorras. E as mesas serán decoradas con centros florais de Flores Esnat

As entradas, cun prezo de 30 euros, están á venda nos seguintes establecementos: Librería Murciego, Charo López, Terán, Miranda Home, Comercial Vedo, Ana de la Puente Perfumería e Estética e Suá.

 

Artigos relacionados

Back to top button