Galerías de fotosÚltima hora

Cea de confraternidade en Bulso (Sober)

 

A veciñanza de Bulso compartía un ano máis unha cea de confraternidade coincidindo coa época estival na que moita xente emigrada regresa á súa terra para pasar as vacacións. Ademais dos veciños de Bulso asistiron tamén outros de parroquias limítrofes como Santa Cruz de Brosmos, Gundivós, Figueiroá, Amandi, Lobios ou Santiorxo.

Máis de 100 personas desfrutaron dun serán no que o prato principal foi unha paella preparada polo mestre cociñeiro e veciño da parroquia Pepe Arias. Durante a animada xornada non faltou a música. Alexandra, Pedro Llano e Marie de Ousille foron os intérpretes.

Os organizadores quixeron ter un detalle especial para o cociñeiro Pepe Arias e para o Inspector Xefe da Policía Nacional José Ramón Álvarez, que con toda humildade é un dos principales impulsores deste fermoso encontro interparroquial.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button