Outro facultativo que se despide do seu traballo no Centro de Saúde do Barco de Valdeorras. Tras máis de trinta anos en consulta, ao doutor Carlos Revuelta chegoulle o momento de xubilarse e despedíase dos seus compañeiros nunha cea que tiña lugar no Restaurante Piquiño, na noite do venres 25 de abril.
Acompañado pola súa muller, Revuelta asistía a esta homenaxe entre risas, conversas, moito humor e tamén algunha dose de melancolía. E xa no momento dos postres, os compañeiros procedían a entregarlle os agasallos entre os que non faltaba o tarxetón asinado por eles e unha cadro con fotos que o acompañarán nesta nova etapa que comeza. “Pasou o tempo moi deprisa, foron 35 anos no Centro e non me enterei”, dixo, agradecendo a presenza na cea e pedindo disculpas “por todo o mal que pudera ter feito ao longo destes anos, nunca fixen facer dano a ninguén”.
Fotos: Carlos G. Hervella e cedidas
Vídeo: Cedido.