O medio século é unha data para celebrar. Por iso, aproveitando as Festas do Cristo no Barco de Valdeorras, un grupo de valdeorreses decidían xuntarse para conmemorar os 50 anos.
A cea tiña lugara na Casa Lameiro e alí, preto dunha vintena de persoas desfrutaban dunha estupenda velada lembrando anos inesquecibles ata a madrugada. Levan meses preparándoo e intentaron reunirse máis pero esta vez unicamente podían acurdir 18. “Decidimos volver intentalo noutra ocasión non moi lonxana, coa excusa de celebrar a vida. Para sempre amigos e compañeiros da vida”, aseguran moi contentos coa reunión.
Fotos cedidos.