A paella foi o prato estrela do menu, en plenas festas de San Antonio
Unhas duascentas persoas asistían na noite do 14 de xuño á 6ª edición da popular de Fontei, organizada no marco das Festas de San Antonio que se celebraron na localidade ruesa na fin de semana do 13 ao 15 de xuño.
O menú consistía en empanada e entremeses ibéricos de primeiro e un bo prato de paella de segundo. De postre leite frito, e para beber, viño e auga.
Antes e despois da cea, o baile estivo amenizado polo grupo Gran Casino que actuou na praza Enriqueta Casanova ata altas horas da madrugada.
Fotos: Mónica G. Bellver