A RúaConcellosÚltima horaVídeos

Cea popular polo San Lourenzo en Somoza, A Rúa

 

Somoza (A Rúa) é outra das localidades valdeorresas que na xornada do xoves 10 de agosto celebraba as súas festas patronais na honra a San Lourenzo, da man da asociación de veciños.

O programa comezaba pola mañá coa misa solemne na honra ao santo con sesión vermú e pola noite tiña lugar o prato forte, a cea popular que reunía á veciñanza en torno a un menú a base de entremeses, paella e postre, ademais de auga e viño, café e licores.

E como broche á festa “A Pimentoneta” Danzalia Disco Show era a encargada de amenizar a sesión verbeba ata altas horas da madrugada.

 

 

Fotos e vídeo cedidos.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button