CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Celebración do “Abril Republicano” na cidade de Ourense

 

A Asociación Amigos da República de Ourense vén de presentar o seu programa de actos para este mes de abril de 2023. Nel inclúense proxeccións de cine, conferencias, presentacion de libros e exposicións

O programa é o seguinte:

Luns, 10 abril 2023.

20:30. Casa da Cultura. Rúa Concello. CineClube Padre Feijóo.PROXECCIÓN DOCUMENTAL _“L´espoir. Sierra de Teruel”, André_Malraux e Boris Peskine (Francia-España, 1945). Organiza: CineClube Padre Feijóo. Colabora: Amigos da República
Ourense

Mércores 12 ABRIL 2023.

20:00H. LICEO DE OURENSE. SALÓN DE TERTULIAS. Mesa Redonda/Conferencia: _“Patrimonio e espacios da memoria democrática en Galicia”. Ponentes: Raúl Soutelo Vázquez e Manuel Pérez Lorenzo [Historiadores. Grupo investigación HISPONA, Universidad de Santiago de Compostela). Presenta: Amigos da República

Xoves 13 ABRIL 2023.

20:00h. BIBLIOTECA PÚBLICA “NÓS”-OURENSE. PRESENTACION DO LIBRO _“Os cadernos escolares da II República”_ Interveñen: Miguel Paz Cabo (autor), Víctor Santidrián Arias (autor) e Jesús Manuel García Díaz. Coa colaboración da Biblioteca Pública de Ourense e da editorial Alvarellos. Presenta: Amigos da República

Venres, 14 ABRIL 2023

20:00H. LICEO DE OURENSE. SALÓN NOBRE. Presentación do cadro-retrato de Alejandro Viana -político republicano- da man do seu autor Baldomero Moreiras.

CONFERENCIA_“Do Outeiro da Obra a Xixón”. _Ponente: Dores García Duarte
(Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova). Presenta: Amigos da República

Venres 14 ABRIL 2023

21:30H. LICEO DE OURENSE _CEA /FESTA da REPÚBLICA.
Domingo, 16 abril 2023

12:00. CEMITERIO DE SAN FRANCISCO. ACTO de HOMENAXE AOS REPUBLICÁNS REPRESALIADOS

Colabora Concello de Ourense e grupo “Os Fedellos” (de Loiro)

————————————————

**Outros actos:

EXPOSICIÓN LIBROS E DE CARTAZES (FESTA DA REPÚBLICA OURENSE)

Do 1 ao 15 de abril de 2023. Entrada da Biblioteca Pública de Ourense Organiza: Biblioteca Pública de Ourense. Colabora: Amigos da República.

Artigos relacionados

Back to top button