ConcellosEn portadaO BoloÚltima horaVídeos

Celebración do Rosario na honra á Virxe, no Santuario das Ermitas (O Bolo)

Os cultos tiñan lugar, coma sempre, o primeiro domingo de outubro (día 2)

 

Situado no pobo do mesmo nome e declarado BIC en maio de 2006, o Santuario das Ermitas, no concello de O Bolo, é barroco na súa maior parte, e a súa construción débese á curación milagrosa que obrou a Virxe a un bispo de Astorga chamado D. Alonso Messía de Tobar. Agradecido por tal feito, o bispo mandou edificar unha nova igrexa en 1624, comezo da que coñecemos actualmente á que se lle foron engadindo novas construcións como a casa da administración, ampliación do atrio ou o pórtico, o Vía Crucis e unha pousada para os peregrinos que chegaban ao Santuario coa esperanza de que a imaxe milagrosa de As Ermitas cumprise a súa petición, ou en acción de grazas por ter visto cumprido os seus rogos.

No interior, o templo posúe un nicho no que está exposta a Virxe ademais dunha gran variedade de retablos e imaxes; mentres que a fachada consta de dúas partes claramente diferenciadas: a fachada central e as torres, a da dereita do século XVII e a da esquerda do século XVIII.

 

Detalle do interior do templo.

 

Con respecto aos principais cultos que se celebran, ademais de cerimonias como vodas ou bautizos, están os da Semana Santa (destacando os do Venres Santo) e a celebración do Rosario adicada á Virxe, o primeiro domingo de outubro, unha das eucaristías máis concorridas, tal como adiantan os sacerdotes, na que ademais da misa se reza o rosario.

Así o facían na mañá deste domingo 2 de outubro os numerosos fegreses que acudían ao santuario para render culto á Virxe, asistinto á eucaristía, á procesión coa imaxe e ao rosario.

Fotos e vídeos cedidos.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button