Por segundo ano consecutivo, a celebración do San Xoán volvía a vivirse na zona vella do Barco á iniciativa da Tapería Agarimo. Dende as oito da tarde podían degustarse sardiñas (1,50€), chourizos (2,50€) e cañas (2€). Ademais despois tiña lugar unha queimada gratis para os asistentes co conxuro a cargo de Aurelio Blanco Trincado.
Fotos: O SIL.