ConcellosO BarcoÚltima hora

Celebrando as festas do Cristo no Casino do Barco, con pinchos e entrega de carnés aos novos socios

 

En plenas Festas do Cristo, no Casino do Barco non quixeron perder a oportunidade de celebrar estas datas tan especiais cos seus socios e na tarde do domingo 11 de setembro organizaban unha pinchada (con empanada e xamón recén cortado, entre outras viandas) á que asistían moitos deles.

Tamén aproveitaban a ocasión para entregar os carnés aos novos socios. De feito, aumentar o número é un dos obxctivos que se marcaban dende a nova directiva, á fronte da Sociedade dende o ano 2020.

 

O presidente do Casino Pablo Dobado entregando o carné de socio.

 

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button