CulturaCulturaEducaciónMúsicaÚltima hora

Celebrando con música a festividade de Santa Cecilia, no colexio Pablo VI-Fátima

 

Malia os aforos reducidos, as medidas de hixiene, as distancias de seguridade e todo o que implica a pandemia que estamos a vivir, no colexio San Pablo VI-Fátima da Rúa non quixeron renunciar á celebración da festividade de Santa Cecilia, patroa da música e dos músicos, na mañá deste mércores 25 de novembro, cunha actuación interna (para o alumnado) no salón de actos do colexio.

 

 

Cantando, a capela ou con acompañamento musical, tocando o teclado, a guitarra e mesmo a gaita ou a pandeireta, os primeiros en subirse ao escenario eran os alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria. Despois facíano tamén os de 2º e 3º de Secundaria. Os alumnos de 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato fixeron de presentadores.

Fotos e vídeo cedidos

 

Artigos relacionados

Back to top button