EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

A Central Hidráulica de Velle, en Ourense, cumpre 50 anos

O acto de celebración estivo presidido por Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta, e polo conselleiro delegado de Gas Natural Fenosa, Rafael Villaseca

A presa de Velle, en Ourense, cumpriu hoxe, 30 de xuño, medio século. A Central Hidráulica máis próxima á cidade comezou a funcionar a pleno rendemento nos primeiros meses de 1967.

Gas Natural Fenosa, quixo conmemorar este 50 aniversario da Central Hidráulica de Velle cun acto presidido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e  polo conselleiro delegado de Gas Natural Fenosa, Rafael Villaseca. E a el acudiron numerosas personalidades públicas de Ourense.

Asemade, con motivo desta celebración, tamén aproveitaron para inaugurar o novo Centro de Control Integrado de Hidráulicas, que ten a súa base neste complexo e que dende el pódense controlar todas as centrais que Gas Natural Fenosa ten en España e, dentro de moi pouco, as hidroeléctricas que a compañía ten no mundo.

Máis información sobre este acto e sobre os plans futuros que Gas Natural Fenosa ten en Ourense e en Galicia no número de xullo do Xornal O Sil.

Fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button