OurenseÚltima hora

Chalecos reflectores personalizados para os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense

 

Con moita actividade comeza o mes de febreiro para os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense. Para empezar, a DXT regaloulles un lote de 25 chalecos reflectores homologados personalizados. “Chiqui en Verín fixo un traballo magnífico de scrap”, asegura o profesor Lalo Sánchez, lembrando que este agasallo forma parte do Programa Stars España de desprazamento sostible e seguro.

Nestes primeiros días do mes tamén daban comezo a III Liga Pilabot de recollida de pilas usadas. “O Colexio vaise enchendo aos poucos de pilas que o alumnado vai traendo”, di Lalo, adianrando que o obxectivo é “superar as entregadas a última edición, preto de 2.400 kg”.

 

Os chalecos reflectores personalizados.

 

No aparto dos tapóns solidarios, nestes días entregaban 62 kg no Centro de Discapacitados Psíquicos de Verín e na saída semanal recollía unha chea de máscaras e cabichas na Pista Vermella de Barros Sibelo, celebrándoo cun partido de futbito onde o Sporting Sogama impoñíase ao Atlético Pilabot por 3 a 1.

Dentro do programa Recíclache con Sogama, os Ecovixiantes levaban á illa de reciclaxe moitas garrafas do proxecto de recollida de material escolar. E por último, o alumnado está a apoiar un proxecto do Exército español na Antártida de apadriñamento de pingüíns. “É gratuíto e trátase de coidar o medioambiente e a estes animais, na Illa Decepción”, explica o profesor.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button