SanidadeÚltima hora

Charla informativa sobre saúde bucodental en Petín, O Barco e Viana do Bolo

Publicidade
O Centro Sociocomunitario de Viana acollerá a charla o 21 de marzo ás 11:30h.
Cartel da charla informativa.

Un dos hábitos saudables menos practicados polos maiores de 65 anos “é o coidado da saúde bucodental”, aseguran dende o Centro Sociocomunitario de Viana do Bolo. “De feito”, engaden, “os últimos datos publicados en España sinalan que esta poboación presenta un elevado índice de caries dental e de enfermidade periodental así como unha falta de hixiene bucodental diaria”. Por iso, co obxectivo de seguir concienciando aos usuarios da importancia de incorporar hábitos saudables ao día a día para mellorar a calidade de vida, o centro vianés acollerá a segunda edición da charla “A saúde bucodental non é unha cuestión de idade”.

Os obxectivos da charla van dende sensibilizar sobre a  importancia de adquirir habilidades na axeitada hixiene bucodental, para así previr patoloxías, ata aumentar os coñecementos en hábitos de hixiene para acadar uns coidados e maior calidade ou actualizar os coñecementos en saúde bucodental nos maiores.

A charla, prevista para o vindeiro 21 de marzo ás 11:30h. no Centro Sociocomunitario de Viana do Bolo, será impartida por unha hixienista dental da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Ourense. Tamén se impartirá nos nentros de Petín (14 de marzo) e do Barco de Valdeorras (20 de marzo).

Artigos relacionados

Back to top button