CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Charla sobre o uso de pantallas e internet na nenez e na adolescencia, o 30 de abril no Barco

A sesión, organizada por De Nai a Nai, será impartida por Manuel Isorna e terá lugar ás 10:30h. no Multiusos

 

A idoneidade ou non do uso das pantallas entre os nenos é un tema que preocupa a nais e pais. “¿O seu uso está a afectar a adquisición de competencias consideradas esenciais? ¿Hai unha idade ideal para “empezar”o aprendizaxe sobre competencia dixital? Como adultos, ¿como podemos acompañar e educar ós adolescentes para un uso responsable desta tecnoloxía?”, son algunhas das preguntas que se fan as familias, tal e como apunta a responsable de crianza da Asociación De Nai e Nai, Silvia Arias.

E, recollendo esta inquedanza, esta entidade vén de organizar para o vindeiro 30 de abril ás 19:30 horas a charla “Cómo acompañar as tuas fillas e fillos na sua “vida dixital: Claves para comprender e previr”, onde se abordarán estes e outros temas. Será no 3º andar do Multiusos do Barco e estará impartida por Manuel Isorna, doutor en Psicoloxía.

 

Será impartida por Manuel Isorna Folgar, doutor en psicoloxía que estivo hai poucas semanas no Barco, dando unha charla dentro do ciclo de Vagalume. Pasámosvos a información que escribiu a responsable da parte de crianza da asociación De Nai a Nai, Silvia Arias.

“Está claro que temos que aprender a convivir coas redes sociais e internet xa que forman parte do noso día a día. Pero non somos nativos dixitais, non temos referencias de como poñer límites… Se a isto sumámoslle que as novas tecnoloxías convertéronse na forma común de acoso a nenos/as e menores de idade nas súas múltiples formas e cada día miles de menores sofren a través de internet o que se coñece como ciberacoso ou ciberbullying as nosas dúbidas e medos increméntanse máis”, explica Arias. De aí o interese desta charla de “asistencia é gratuíta e que esperamos que chegue a moitas familias”.

 

Artigos relacionados

Back to top button